xoves, 18 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Boas familias, achégase a fin do curso e quero deixarvos por aquí unhas recomendacións para o verán. Agardo que vos sirvan de axuda.

Lembrade que Snappet estará activo durante xullo e agosto. Ademais, podedes rematar as páxinas dos libros de texto que quedaron pendentes.

Unha forte aperta para todos e BO VERÁN,

LUCÍA IGLESIAS




PDF CON RECOMENDACIÓNS LECTORAS POR CURSOS:




RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN -  QUE É O QUE DEBEMOS REPASAR?


UNS DEBERES UN POUCO MÁIS DIVERTIDOS:


 

martes, 9 de xuño de 2020

CARTEIS MEDIO AMBIENTE

Fixestes moi bo traballo, nenos e nenas! Oxalá todo o mundo tome conciencia e deixemos de ver luvas e máscaras tiradas no chan. Cada cousiña ao seu colector! 
Se me esquecín de subir a fotiño dalgún de vós, dicídemo por favor. 

CARTEL YERIK:




CARTEL YAGO:





CARTEL NEREA:



CARTEL ENZO:


CARTEL IVÁN:




CARTEL UXIA:



CARTEL SANTI VÁZQUEZ:



CARTEL SANTI VARELA:


CARTEL MINIA:





CARTEL MARA:






CARTEL JULIA:




CARTEL HUGO:



CARTEIS ASHLEY E KAILYN:





CARTEL CHRIS:




CARTEL ANTÍA:





luns, 8 de xuño de 2020

LIBRIÑOS QUE QUEDARON NA ESCOLA

Ola nenos e nenas da aula do Señor Grafito!

Hoxe estiven toda a mañá na escola e vin que quedaron estes libros alí. Son dalgúns de vós, pero non me lembro de quen.

Os que os identifiquen, poden pasarse pola escola e pedilos en bedelería. Alí os deixei.

Graciñas e saúdos,



domingo, 7 de xuño de 2020

PLANIFICACIÓN DO TRABALLO - DO 8 AO 15 DE XUÑO

Ola rapaces e rapazas,

Hoxe déixovos a ULTIMA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO PARA ESTE CURSO para a semana do 8 ao 15 de xuño.

O día 16 faremos unha videochamada grupal. Lede a explicación e vede o vídeo que vos deixo para saber como facelo. Durante esta semana enviareivos unha mensaxe por Abalar Móbil deixándovos o link que deberedes premer o martes 16 ás 19:00 para comezar a videochamada grupal. 

Por outra parte, aproveito para dicirvos varias cousiñas:

  • SNAPPET estará activo ata o 31 de agosto polo que podedes utilizalo no verán coma ferramenta de traballo e repaso dos contidos. Este mércores, en lugar de habilitar tan só uns poucos contidos de Snappet, habilitarei tódolos de 2º curso polo que poderedes entrar nos que consideredes durante o tempo de vacacións. 
  • As páxinas dos libros que non foron feitas por falta de tempo por mor desta situación que nos tocou vivir, podedes facelas durante o verán. 
  • Non vos preocupedes por si quedaron contidos importantes por dar. No pdf explícovos un pouco o que quedou sen facer en cada área. O fundamental para cursar terceiro sen dificultades, está impartido e asimilado en boa medida polo alumnado. 
  • Ao longo destes días, subirei ao blog recomendacións para o verán polo que non deixedes de pasarvos por esta páxina ata que remate o curso escolar. Nesas recomendacións quedará claro que é o fundamental que os nenos e nenas deben traballar e repasar.

ÚLTIMA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO PARA ESTE CURSO:



EXPLICACIÓN PROXECTO DESTA SEMANA: 

TAN SÓ CONSISTE EN PREPARAR O QUE QUEREMOS DICIR O DÍA 16 ÁS 19:00. 
QUE GANIÑAS TEÑO DE VERVOS! 

Lede o pdf explicativo e visualizade o vídeo. Eu durante esta semana, enviareivos un ABALAR MÓBIL co link que deberedes premer o martes 16 ás 19:00 para comezar a videochamada.

xoves, 4 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe 5 de xuño é o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. 

Déixovos este enlace para que vexades uns vídeos que poden resultar moi interesantes.

PREME AQUÍ PARA TRABALLAR SOBRE O MEDIO AMBIENTE



martes, 2 de xuño de 2020

AS NOSAS MÁSCARAS

Estades ben guapiños con esas máscaras! 
Se me esquecín de subir a foto dalgún de vós, dicídemo por favor. 


A MÁSCARA DE YERIK:



A MÁSCARA DE IVÁN:



A MÁSCARA DE HUGO:


A MÁSCARA DE ÁLVARO: 



A MÁSCARA DE JULIA:




A MÁSCARA DE IRIS:







A MÁSCARA DE NEREA:




A MÁSCARA DE ANTÍA:



A MÁSCARA DE ENZO:



AS MÁSCARAS DE ASHLEY E KAILYN:



A MÁSCARA DE MARA:



A MÁSCARA DE MINIA:



A MÁSCARA DE SANTI VARELA:


A MÁSCARA DE UXÍA: 



luns, 1 de xuño de 2020

ENQUISA DE SATISFACCIÓN SOBRE A TELEDOCENCIA

Esta enquisa debe ser contestada polas familias (nais, pais ou titores legais do alumnado). Agradecería moito que adiquedes uns minutiños a contestala para poder mellorar de cara ao futuro.