domingo, 7 de xuño de 2020

PLANIFICACIÓN DO TRABALLO - DO 8 AO 15 DE XUÑO

Ola rapaces e rapazas,

Hoxe déixovos a ULTIMA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO PARA ESTE CURSO para a semana do 8 ao 15 de xuño.

O día 16 faremos unha videochamada grupal. Lede a explicación e vede o vídeo que vos deixo para saber como facelo. Durante esta semana enviareivos unha mensaxe por Abalar Móbil deixándovos o link que deberedes premer o martes 16 ás 19:00 para comezar a videochamada grupal. 

Por outra parte, aproveito para dicirvos varias cousiñas:

  • SNAPPET estará activo ata o 31 de agosto polo que podedes utilizalo no verán coma ferramenta de traballo e repaso dos contidos. Este mércores, en lugar de habilitar tan só uns poucos contidos de Snappet, habilitarei tódolos de 2º curso polo que poderedes entrar nos que consideredes durante o tempo de vacacións. 
  • As páxinas dos libros que non foron feitas por falta de tempo por mor desta situación que nos tocou vivir, podedes facelas durante o verán. 
  • Non vos preocupedes por si quedaron contidos importantes por dar. No pdf explícovos un pouco o que quedou sen facer en cada área. O fundamental para cursar terceiro sen dificultades, está impartido e asimilado en boa medida polo alumnado. 
  • Ao longo destes días, subirei ao blog recomendacións para o verán polo que non deixedes de pasarvos por esta páxina ata que remate o curso escolar. Nesas recomendacións quedará claro que é o fundamental que os nenos e nenas deben traballar e repasar.

ÚLTIMA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO PARA ESTE CURSO:



EXPLICACIÓN PROXECTO DESTA SEMANA: 

TAN SÓ CONSISTE EN PREPARAR O QUE QUEREMOS DICIR O DÍA 16 ÁS 19:00. 
QUE GANIÑAS TEÑO DE VERVOS! 

Lede o pdf explicativo e visualizade o vídeo. Eu durante esta semana, enviareivos un ABALAR MÓBIL co link que deberedes premer o martes 16 ás 19:00 para comezar a videochamada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.