martes, 31 de marzo de 2020

XOGAMOS COAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Ademais de RECURSOS LORETO que xa vola recomendei en entradas anteriores, hai moitas máis páxinas web onde podemos xogar mentras aprendemos as táboas de multiplicar.
Déixovos aquí un enlace. Pincha nel:

XOGOS TÁBOAS DE MULTIPLICAR


A seguir practicando, rapaces! Agora xa temos que comezar coa do 6,7,8 e 9. ÁNIMO!

LEMBRADE O RETO DA SEMANA: O NOSO NOME EN LINGUAXE DE SIGNOS (mirar entradas máis abaixo)

NOTICIAS QUE ALEGRAN O DÍA

Hoxe recibín un correo electrónico no que me dicían que Mara lle escribiu a carta a Paula Carballeira, a autora do libro que tanto nos gustou "A tartaruga Amodovou".

E sabedes o que pasou??? Pois envioulla polas redes sociais e... PAULA CONTESTOULLE!!!!!

Podedes ver na foto o que lle dixo.

Que alegría máis grande!

Ademais, Mara fixo un AUDIOCONTO chulísimo xunto coa súa tía María. Déixovos o vídeo para que poidades gozar del. Trátase do conto Frederick de Leo Lionni. Anímovos a ver o vídeo. Paga moito a pena! :-)

GRAZAS, MARA! 

LEMBRADE PARTICIPAR NO RETO DESTA SEMANA QUE APARECE DÚAS ENTRADAS MÁIS ABAIXO: O TEU NOME EN LINGUA DE SIGNOS.

luns, 30 de marzo de 2020

IMPORTANTE! INSTALAR ABALAR MÓBIL

Esta semana os mestres estamos a avaliar ao alumnado. 

Tal e como aparece reflectido nas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, os contidos a avaliar serán aqueles impartidos e traballados durante o tempo que tivemos clases presencias nas aulas. 

Para facilitar que as familias poidades ver o boletín de notas dos vosos fillos e fillas, deberedes instalar a apliación ABALAR MÓBIL. Nela, a partir do día 3 de abril, poderedes acceder ás calificacións. Na web do CEIP O COTO dispoñedes dun titorial para instalar dita aplicación, por se alguén o precisa. 

Se alguén ten problemas para facelo ou non logra velas, que contacte comigo a través do correo electrónico auladegrafito@hotmail.com e envíolle o documento coas calificacións do seu fillo ou filla. 

Graciñas!

LEMBRADE PARTICIPAR NO RETO DESTA SEMANA: O TEU NOME EN LINGUAXE DE SIGNOS!

domingo, 29 de marzo de 2020

MÁIS FOTOGRAFÍAS BONITAS

Hoxe volvín a recibir máis fotografías que me encheron de ledicia!


UXÍA CO SEU ARCO DA VELLA E FACENDO FIGURAS DE ORIGAMI:



UXÍO XUNTO Á SÚA IRMÁ (MANUALIDADES CON MATERIAL DE RECICLAXE E SEMENTEIRO)



MARA CO SEU GATIÑO E O ARCO DA VELLA SOLIDARIO:



IRIS CONTAXIÁNDONOS O SORRISO E ENSINÁNDONOS O SEU ARCO DA VELLA



ALEX DE COCIÑEIRO E FACENDO UNHA MOREA DE COUSIÑAS PARA ENTRETERSE







Agardo que vos guste!!!!

sábado, 28 de marzo de 2020

QUE GANIÑAS TIÑA DE VERVOS!



Hoxe abrín o correo electrónico e puiden ver as fotiños dalgúns de vós. Que alegría me destes!!!!

JULIA 




MINIA






YAGO PLANTANDO NA HORTA:


ALGÚNS TRABALLIÑOS DE SANTI VARELA:



GRAZAS A TODOS POR COLABORAR E FACILITAR QUE NOS POIDAMOS VER UNS AOS OUTROS E ENTRETERNOS UN POUQUIÑO!!

venres, 27 de marzo de 2020

NOVAS TAREFAS

Posto que algunhas familias me escribístedes pedindo máis tarefas, déixovos aquí unhas cantas.

Non esquezades sempre ter en conta a importancia da lectura de maneira diaria, repasar as táboas de multiplicar e o cálculo, facer algún ditado, escribir pequenos textos...

Vamos alá!

Coma sempre, lémbrovos que son tarefas voluntarias e non avaliables. Podedes imprimilas ou copiar as que consideredes oportunas nun caderno que teñades pola casa.

Lembrade mandarme algunha fotografía ao correo electrónico cos arcos da vella que coloreastes ou con algún dos outros proxectos.

Apertas!

TAREFAS DE MATEMÁTICAS:

 Tratan sobre o cálculo: suma, resta e introducimos a táboa do 6.

En vindeiras publicacións irei deixando fichas das seguintes táboas posto que temos que ir xa aprendéndoas todas. TAREFAS DE LENGUA: Tratan sobre a expresión escrita.

FOTOGRAFÍAS

Boas tardes, unha vez máis!!

Creo que todos estamos a botar un pouquechiño de menos a escola e aos nosos compañeiros e compañeiras.
É por isto que vos propoño o seguinte:

Se vos apetece, podedes enviarme ao correo electrónico auladegrafito@hotmail.com unha fotografía vosa cos arcos da vella que vos recomendei colorear lembrando a importancia de quedar na casa para que esta situación remate o máis cedo posible. Deste xeito, poderei publicalas no "blog" e poderemos vernos uns aos outros.

Algúns nenos xa me mandaron fotiños, pero sería mellor que apareceran tamén eles xunto aos debuxos para axudar a levar a morriña que nos causa non vernos.


Tamén podedes mandarme fotiños nas que saiades vós cos sementeiros de lentellas, fabas ou garabanzos ou co pluviómetro cando o vaiades facendo.

Debemos lembrar, que os vosos pais e nais son os que deben decidir si se pode ou non publicar a vosa imaxe na web, polo que entendo que os que me manden o correo coas fotografías, aceptan que se faga. 

Espero que esteades a traballar moito e... lembrade que os libros e os cómics poden ser moi bos amigos nosos!

NON PAREDES DE LER!

Déixovos un pequeno conto que fala das emocións e do coronavirus:





xoves, 26 de marzo de 2020

ARTE E PASATEMPOS

Hoxe déixovos estes vídeos cos que debedes poñer o traxe de artistas para pasar un bo anaco.

Agardo que vos atopedes ben!

ÁNIMO!


luns, 23 de marzo de 2020

PROXECTO CIENCIAS NATURAIS

O proxecto de ciencias naturais que vos propoño xa o coñecedes. Trátase de PLANTAR LENTELLAS OU GARABANZOS para observar como xerminan.
Faremos o seguinte:

1º/ Colleremos un vaso de iogur e limparémolo ben. Vai ser o testo da nosa planta. Daste conta que estamos a reciclar plástico e a darlle unha segunda vida ao envase?
2º/ Metemos un pouco de algodón no fondo do iogur.
3º/ Poñémoslle un puñadiño de lentellas ou de garabanzos. Si a noite anterior os deixaches en remollo xerminarán máis rápido.
4º/ Botámoslle auga.
5ª/ Poñémolo nun lugar solleiro onde lle chegue a luz e estamos atentos para regalo de cando en vez. Non podemos botarlle auga de máis, porque afogarían as sementes.
6ª/ Agardamos a ver que vai sucedendo.

Seguro que cando pasen os días, a túa planta comeza a xerminar. Fíxate que as raíces vanse enganchando no  algodón. Xa explicamos que a función da raíz era fixar as plantas ao chan e mantelas erguidas. Logo fíxate no seu talo e agarda a que lle vaian saíndo algunhas pequenas folliñas. Teríamos, así, as 3 PARTES DA PLANTA: RAÍZ, TALO E FOLLAS.



Aproveita agora, para ver estes vídeos e repasar esta información:
  • PARTES DAS PLANTAS:

RAÍZ: fixa a planta ao solo e absorbe auga da terra.
TALO: transporta a auga desde a ráiz ata as follas.
FOLLAS: son a "cociña" da planta. Nelas fabrican o seu propio alimento, mesturando a auga coa luz do sol.
Debemos lembrar que, ademais, moitas plantas teñen FLORES E FROITOS. 
  • TIPOS DE PLANTAS:

ÁRBORES: Teñen un só talo, grande, groso e duro. 
ARBUSTOS: teñen varios talos de mediana altura. 
HERBA: ten un só talo moi brando. 
  • TIPOS DE ÁRBORES:

DE FOLLA CADUCA: perden tódalas follas durante o outono. 
DE FOLLA PERENNE: non lles sucede iso. 




PROXECTO CIENCIAS SOCIAIS

Como xa sabedes, en ciencias sociais estabamos a explicar o tema das paisaxes onde falamos da meteoroloxía que é a ciencia que estuda o tempo que vai facer. 
Estudamos que temos varios tipos de precipitacións: a chuvia, a neve e a saraiba. 
Tamén vimos a definición de vento: O vento é o aire en movemento.
Lémbraste de que rimaba? O vento suave era a brisa e o forte era o vendaval. Recordas?

Agora quero lembrarvos o proxecto que vos propoñía. A CREACIÓN DUNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA.

Os aparellos que se utilizan nunha estación atmosférica son os seguintes:

- TERMÓMETRO: mide a temperatura que fai en graos. 
- PLUVIÓMETRO:  mide a cantidade de precipitacións que caen. 
- ANEMÓMETRO: mide a velocidade do vento.
- CATAVENTOS (no vídeo aparece en castelán; veleta): mide a dirección do vento cos puntos cardinais NORTE, SUR, LESTE, OESTE. 

Propóñovos o seguinte proxecto: A CONSTRUCIÓN DUN PLUVIÓMETRO. 
Déixovos aquí as instrucións.
Unha vez o teñades feito, podedes colocalo no xardín, no balcón ou nalgunha ventá na da casa e ir contabilizando canto chove durante esta corentena que estamos a vivir.

Apertas!

COMO CONSTRUIR UN PLUVIÓMETRO




sábado, 21 de marzo de 2020

EXPERIMENTO XABÓN


Queredes comprobar que o xabón fai fuxir os xermes das nosas mans?

Déixovos este experimento.
Animádevos a facelo!!!

Apertas, raparigos.


ESCRIBIMOS CARTAS

Hoxe veño a propoñervos escribir dúas cartas. Pero non son unhas cartas calquera.


CARTA NÚMERO 1: 

Como sabedes estes días hai máis xente do habitual nos hospitais e poida que se sintan sós. Por que non lle intentamos sacar un sorriso?

Para animalos podemos escribirlles cartas de apoio e debuxos. Despois de realizalos, debémolos enviar a este enderezo de correo electrónico: cartas.venceremos.covid19@gmail.com
O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes.

CARTA NÚMERO 2:
Outra carta que vos propoño escribir é a Paula Carballeira. Lembrades quen era? 
Trátase da escritora do libro que lemos na aula "A tartaruga Amodovou". 
Na carta a Paula debemos falarlle sobre o conto, que foi o que mais nos gustou, que cambiariamos, que opinamos da tartaruga e dos demais animais que aparecían no libro e... non esquezades lembrarlle que ten que vir á nosa escola e que sigue estando invitada!
Déixovos un documento con moitas actividades sobre o conto que podedes facer se vos apetece (algunhas xa as fixemos na aula). A actividade da carta é a número 10. Podedes imprimir a plantilla e escribir nela ou facer a carta nun folio que teñades na casa. 

PASOS PARA ESCRIBIR UNHA CARTA: 
1º: Arriba de todo do folio á dereita poñemos lugar e data.
2º: Saudamos e poñemos dous puntos
3º: Escribimos todo o que queremos dicir.
4º: Despedímonos cunha exclamación.
5º e último: Firmamos coa nosa rúbrica
Lembra facer moi boa letra, ser limpo e ordenado na presentación e decorala se che apetece. 
Apertas!

venres, 20 de marzo de 2020

RECURSOS NA WEB

Como xa vos comentei, hai unha web (CEIPLORETO) que ten unha manchea de recursos interactivos cos que podemos repasar as cousiñas do cole. Tan só temos que entrar, elixir unha área de 2º curso que queiramos repasar e entrar no libro da nosa editorial. Se vos apetece botarlle unha ollada a outras editoriais tamén podedes. Déixovola aquí:

RECURSOS LORETO

Resultado de imaxes para: ceiploreto

ARCOS DA VELLA SOLIDARIOS

Sabiades que moitos nenos e nenas coma vós están pintando arcos da vella para colgar das súas ventás ou portas e dar ánimos aos veciños e veciñas?? Por que non te animas a facer ti o mesmo? Déixovos unha noticia para ler e unha plantilla para colorear. Se non a queres imprimir, podes facer ti o teu propio arco da vella nun folio ou cartolina. Poñede a vosa creatividade a funcionar e colgádeo das ventás! Apertas!

NOTICIA PARA LER

NOVAS TAREFAS

Ola, meus nenos e nenas! 

Déixovos algún traballiño pensado para repasar na Semana Santa. Podedes imprimilo e ir facéndoo pouco a pouco, ou ben, ir copiando as actividades que vos parezan máis interesantes nun caderno que teñades pola casa para facelas. 


Tamén vos deixo actividades para escribir oracións. 

Lembrade ler tódolos días!!! 

Apertas!


COUSIÑAS QUE DEBEMOS REPASAR

Ola de novo, nenos e nenas da aula do señor Grafito!!!!


Escribo para lembrarvos que cousiñas debemos repasar tódolos días.


  • CONTIDOS IMPORTANTES QUE DEBEMOS REPASAR DURANTE A CORENTENA
1. LENGUA E LINGUA: 

- Ler tódolos días media hora utilizando a voz en alto sempre que se poida. Debemos ler as palabras completas, perdendo o silabeo.
- Escribir oracións cada vez de maior tamaño e aportando máis detalles. Lembrade sempre comezar con maiúscula cada unha delas e rematar cun punto.
- Escribir pequenos textos: contos, noticias, describir animais, describir persoas, facer un libro de adiviñas, escribir algunha receita de cociña, escribir un diario do que facemos cada día...
- Facer ditados.

      2. MATEMÁTICAS:

- Numeración: facer ditados e lecturas de números ata o 999.
- Descomposición numérica en unidades, decenas, centenas e a súa correspondente suma. 
- Repaso das táboas de multiplicar do 1,2,3,4,5,10 e, cando as saibamos ben, ir comezando coas que faltan. 
- Series de números
- Cálculo: suma de ata tres sumandos, resta con e sin levada, multiplicacións sinxelas. 
- Pequenos problemas. 

3. NATURAIS
- Investigar sobre as plantas (irei deixando recursos)
4. SOCIAIS: 
- Investigar sobre as paisaxes (irei deixando recursos)

Apertas!!!!

xoves, 19 de marzo de 2020

Corona Conto

Resultado de imaxes para: eu fico na casa

BENVIDA A TODOS E TODAS

benvidos2

Ola nenos e nenas! 

Creei esta bitácora porque, como sabedes, estamos a vivir unha situación excepcional na que temos que estar nas nosas casas para lograr superala. 

Penso que é un bo xeito de manternos en contacto e de pasar un tempo entretido xuntos. Ireivos colgando actividades, xogos, vídeos... e, ademais, poderedes deixar comentarios para saber uns dos outros. 

O traballo que levastes para a casa o último día que nos vimos foi o seguinte:

- Rematar o último tema do 2º trimestre de Matemáticas, Lengua e Lingua. 
- Facer o caderno de cálculo. 
- Realizar as actividades do libro de Comprensión de textos 
- Estudar a táboa de multiplicar e practicar con ela 


Penso que con todo isto tendes dabondo, mais irei colgando novas cousiñas. Todas elas son voluntarias e non avaliables polo que elixide o que máis vos guste sabendo que hai cousiñas que sempre temos que facer coma ler ou escribir pequenos textos e repasar numeración e cálculo. 

Aos pais e nais quero dicirlles que, como saben, neste momento o máis importante é a saúde e pasar axiña isto. Os nenos e nenas de 2ºC traballaron moito estes meses e aprenderon unha chea de cousas que, sen dúbida, son a base que os levará a facer o terceiro curso con éxito. 
Non vos preocupedes pensando na avaliación nin nas notas, posto que agora mesmo é o de menos. 
Como vos digo, estou orgullosa do traballo de todos e de cada un. 
Os raparigos están a vivir unha situación de certo caos, descoñecemento e incertidume. Debe buscarse a súa tranquilidade, que xoguen, que pinten, que descansen,  que falen coa familia... 

Agardo que todos vos atopedes moi ben. 
Deixo habilitados os comentarios por si queredes escribir algo. 
Ademais, para cousiñas importantes, déixovos este correo electrónico que mirarei de cando en vez
auladegrafito@hotmail.com

Saúde e apertas para todos!!!!!!

Lucía Iglesias