Faremos o seguinte:
1º/ Colleremos un vaso de iogur e limparémolo ben. Vai ser o testo da nosa planta. Daste conta que estamos a reciclar plástico e a darlle unha segunda vida ao envase?
2º/ Metemos un pouco de algodón no fondo do iogur.
3º/ Poñémoslle un puñadiño de lentellas ou de garabanzos. Si a noite anterior os deixaches en remollo xerminarán máis rápido.
4º/ Botámoslle auga.
5ª/ Poñémolo nun lugar solleiro onde lle chegue a luz e estamos atentos para regalo de cando en vez. Non podemos botarlle auga de máis, porque afogarían as sementes.
6ª/ Agardamos a ver que vai sucedendo.
Seguro que cando pasen os días, a túa planta comeza a xerminar. Fíxate que as raíces vanse enganchando no algodón. Xa explicamos que a función da raíz era fixar as plantas ao chan e mantelas erguidas. Logo fíxate no seu talo e agarda a que lle vaian saíndo algunhas pequenas folliñas. Teríamos, así, as 3 PARTES DA PLANTA: RAÍZ, TALO E FOLLAS.
Aproveita agora, para ver estes vídeos e repasar esta información:
- PARTES DAS PLANTAS:
RAÍZ: fixa a planta ao solo e absorbe auga da terra.
TALO: transporta a auga desde a ráiz ata as follas.
FOLLAS: son a "cociña" da planta. Nelas fabrican o seu propio alimento, mesturando a auga coa luz do sol.
Debemos lembrar que, ademais, moitas plantas teñen FLORES E FROITOS.
- TIPOS DE PLANTAS:
ÁRBORES: Teñen un só talo, grande, groso e duro.
ARBUSTOS: teñen varios talos de mediana altura.
HERBA: ten un só talo moi brando.
- TIPOS DE ÁRBORES:
DE FOLLA CADUCA: perden tódalas follas durante o outono.
DE FOLLA PERENNE: non lles sucede iso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.