CARTA NÚMERO 1:
Como sabedes estes días hai máis xente do habitual nos hospitais e poida que se sintan sós. Por que non lle intentamos sacar un sorriso?
Para animalos podemos escribirlles cartas de apoio e debuxos. Despois de realizalos, debémolos enviar a este enderezo de correo electrónico: cartas.venceremos.covid19@gmail.com
O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes.
CARTA NÚMERO 2:
Outra carta que vos propoño escribir é a Paula Carballeira. Lembrades quen era?
Trátase da escritora do libro que lemos na aula "A tartaruga Amodovou".
Na carta a Paula debemos falarlle sobre o conto, que foi o que mais nos gustou, que cambiariamos, que opinamos da tartaruga e dos demais animais que aparecían no libro e... non esquezades lembrarlle que ten que vir á nosa escola e que sigue estando invitada!
Déixovos un documento con moitas actividades sobre o conto que podedes facer se vos apetece (algunhas xa as fixemos na aula). A actividade da carta é a número 10. Podedes imprimir a plantilla e escribir nela ou facer a carta nun folio que teñades na casa.
PASOS PARA ESCRIBIR UNHA CARTA:
1º: Arriba de todo do folio á dereita poñemos lugar e data.
2º: Saudamos e poñemos dous puntos
3º: Escribimos todo o que queremos dicir.
4º: Despedímonos cunha exclamación.
5º e último: Firmamos coa nosa rúbrica
Lembra facer moi boa letra, ser limpo e ordenado na presentación e decorala se che apetece.
Apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.