xoves, 30 de abril de 2020

XOGANDO E APRENDENDO

Quero deixarvos por aquí uns xogos moi interesantes para repasar certas cousiñas.

ANIMÁDEVOS A XOGAR A ELES DURANTE A FIN DE SEMANA!

Só tendes que pinchar en cada un deles. 







mércores, 29 de abril de 2020

E TI, QUE VES DESDE A TÚA FIESTRA?

Estas semanas seguro que mirastes moito polas fiestras das vosas habitacións.

Que paisaxe se ve desde elas?

Propóñovos que me mandedes ao correo electrónico unha fotiño do que se ve desde algunha ventá da vosa casa. Así é coma se todos viaxásemos á casa dos outros e pasamos un anaco entretido. Irei subindo neste "post" as fotos que me vaian chegando. Por favor, decídeme no correo que permitides que a publique. 

Veña! Comezo eu...

Desde a miña xanela vexo isto...

O QUE VE A MESTRA LUCÍA:




O QUE VE ALEX:





O QUE VE YAGO:



O QUE VE CHRIS:



O QUE VE JULIA:


O QUE VE SANTI:


O QUE VE NEREA:


O QUE VE ÁLVARO:


O QUE VE MINIA:


O QUE VE HUGO:


O QUE VE IRIS:


O QUE VE ANTÍA:



O QUE VE UXÍA:



O QUE VE MARA:





O QUE VE UXIO:


martes, 28 de abril de 2020

COMEZAMOS CON SNAPPET

Ola nenos e nenas,

XA TEMOS TAREFAS EN SNAPPET!

Se entrades na páxina de Snappet tal e como vos indiquei entradas máis abaixo co usuario e contrasinal que vos mandei por Abalar Móbil, poderedes ver que xa temos tarefas dentro de cada unha das áreas: LENGUA, LINGUA E MATEMÁTICAS.

1- Entrades en Snappet co voso usuario e contrasinal (lede a entrada do blog na que explico isto)
2- Veredes as áreas de Lengua, Lingua e Mates. Entrades na que queirades nese momento.
3- Dádeslle a "lecciones" e elixides unha (mellor ir por orde)
4- Elixides o primeiro exercicio e xa vos irán saíndo todos por orde.

Cando rematamos as tarefas dámoslle ao cadro vermello de "SEGUIR PRACTICANDO".

Eu, desde a miña conta, podo ir vendo todo o que facedes en tempo real.

CADA MÉRCORES COLGAREI EXERCICIOS NOVOS EN SNAPPET. 

Unha aperta! Xa veredes que divertido é!


UN POUCO DE EXERCICIO FÍSICO

Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

ANIMÁDEVOS A PROBAR!






domingo, 26 de abril de 2020

PLANIFICACIÓN TRABALLO - 27 DE ABRIL AO 4 DE MAIO

Déixovos por aquí a proposta de actividades para a semana do 27 de abril ao 4 de maio. Son voluntarias e podedes adaptalas á vosa situación. Esta vez non é necesario imprimir nada. Tendes a planificación do traballo nos libros  e tamén unha proposta de tarefas para realizar nos cadernos de cadros e de pauta.

Como tarefa de recheo, para quen queira, sempre podedes facer o libro de "Resolución de problemas. Método DECA". Non vou a planificar o traballo nel, así que podedes utilizalo ao voso antollo sempre que queirades. 

venres, 24 de abril de 2020

SNAPPET


Boas tardes, familias!

Hoxe escríbovos para propoñervos unha nova maneira de traballar complementaria ás planificacións que se vaian propoñendo, coma sempre, no “blogue”.
Trátase da aplicación Snappet.

  • QUE É SNAPPET?:


É unha aplicación que xa utilizan moitas escolas durante todo o curso. Normalmente é de pago, mais nestes tempos de confinamento temos a oportunidade de traballar con ela de maneira gratuita. E debemos aproveitala.
É unha aplicación con contidos organizados da mesma maneira que as editorias que traballamos na escola e á que podedes acceder desde a vosa Tablet, ordenador ou teléfono móbil. Se podedes elixir, recomendo a Tablet posto que é xustamente para o que está pensado.

COMO O UTILIZAREMOS?

  • LUNS: 

Os luns, como sabededes, colgarei no blogue propostas de actividades dos libros de texto, fichas, propostas para os cadernos de raias e de pauta, vídeos, xogos… Tal e como se foi facendo estas semanas.


  • MÉRCORES:

E os mércores, subirei en SNAPPET bloques de actividades tanto de repaso (unidades xa dadas durante o primeiro e segundo trimestre) coma outros bloques de tarefas do que estemos a traballar xustamente nese momento. Traballaremos as áreas de Lengua, Lingua e Matemáticas. Enviarei actividades (leccións) tódolos mércores e estarán dispoñibles ata o mércores seguinte. Logo borraranse e aparecerán outras novas. Sempre de mércores a mércores polo que é importante que durante os 7 días fagades as tarefas, posto que despois eliminaranse.
Son actividades online moi intuitivas de facer, moi prácticas e que serven de reforzo e repaso dos contidos dos nosos libros dándolle un toque máis lúdico.


COMO ENTRAMOS?

Para entrar debedes escribir no navegador https://alumno.snappet.org/
A continuación escribides o voso usuario e contrasinal que volo mandarei estes días por ABALAR MÓBIL posto que cada un ten o seu (revisádeo e se non vos chega antes do mércores, mandádeme unha mensaxe).
Unha vez que entredes, veredes as diferentes asignaturas. Entrades na que queirades facer e comezades a facer as leccións que vos aparezan.

COMO FACER OS EXERCICIOS?

É importante comezar SEMPRE desde a actividade 1a e, desde esa, facer tódalas actividades seguidiñas, sen saltar dunha para outra. Deste xeito, estaremos comezando polos máis sinxelos e iremos subindo o nivel.
Unha vez que na pantalla vos digan que rematastes o EXERCICIO 2 veredes debaixo un cadro vermello co símbolo de sumar “SEGUIR PRACTICANDO”. Entrades niso, e aí a propia aplicación adapta os seguintes exercicios ao voso nivel. Isto é, se vos saíron moi ben os exercicios anteriores comúns a tódolos nenos, proporanse exercicios de máis nivel e se vos saíron peor, sairán actividades de repaso e reforzo.
Deste xeito, Snappet estase adaptando ao nivel de tódolos alumnos (ampliando ou reforzando).
Cando falledes algunha tarefa, non a fagades máis de dúas veces. Posto que, como acabo de explicar, finalmente haberá actividades adaptadas.
Lembrade que se trata dunha aplicación polo que, sobre todo nas áreas de Lengua e Lingua vai a ser meticuloso coa ortografía. Se escribimos con faltas non nos vai dar a resposta por ben.
Esta aplicación, permíteme a min ver en tempo real o que ides facendo e en que fallades. Aínda que, como sabedes, considero todas estas tarefas totalmente voluntarias.
Hai un apartado de actividades que se titulan “reforzo”. Non as fagades. Vós empezade sempre pola actividade 1a e cando acabedes o exercicio 2 dádeslle ao cadro vermello de “seguir practicando”. Sen máis.

RESUMO:

  1. -          Entramos na web de Snappet (desde Tablet, ordenador ou móbil. Recomendo a Tablet)
  2. -          Metemos usuario e contrasinal
  3. -          Entramos na asignatura que queremos traballar e en LECCIONES RECIBIDAS ou PLAN DE LECCIÓNS
  4. -          Entramos desde a actividade 1a e imos todo seguidiño (moi importante)
  5. -          Cando rematamos o EXERCICIO 2, dámoslle ao cadro vermello de “seguir practicando”
  6. -          Non facer o apartado “reforzo” (moi importante)

Déixovos un titorial en pdf.




Trátase de combinar o traballo escrito nos libros e nos cadernos de pauta e cadros coas tarefas online de Snappet. É voluntario, pero recomendo facelo. Paréceme unha ferramenta moi dinámica e coa que podemos repasar de maneira interactiva unha morea de contidos.

xoves, 23 de abril de 2020

UN PAR DE XOGOS DE REPASO - SCAPE ROOM

Ola rapaces,

Para os que teñan ganas de facer un repaso de cousiñas e xogar ao mesmo tempo, déixovos uns enlaces a uns scape room nos que ides repasar diferentes cousiñas.

En cada un deles tendes unha misión. Para lograr cumprila, tendes que ir facendo diferentes actividades que vos levarán, por exemplo, a salvar o mundo.

Estades preparados??

Moita concentración!

Agardo que pasedes un bo anaco facendo isto.

Ah! O que pon ao comezo de que me debedes mandar capturas de pantalla das misións que vaiades resolvendo, NON O FAGADES. Tan só divertídevos xogando e repasando!

PICA AQUÍ PARA ENTRAR NO XOGO

SEGUNDO XOGO

CURTAMETRAXES PARA O FOMENTO DA LECTURA




DIPLOMA DOS AXENTES FORESTAIS PARA TODOS VÓS

Mandáronme para todos vós este diploma polo bo comportamento que tódolos nenos e nenas do CEIP O Coto estades a ter.

PARABÉNS!


FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o DÍA DO LIBRO. 

Grazas polos vosos traballos, familias!

Para min ler é...
viaxar,
soñar,
disfrazarse de Brancaneves, de fada ou de pirata.
Crear,
sentir,
emocionanarse,
visitar unha morea de lugares distintos,
amar coma Romeo e Xulieta,
vivir en mil e unha épocas da historia diferentes,
pensar o que pensou William Shakespeare...

E ti, vaste quedar sen vivir todas esas aventuras??? MERGÚLLATE NA LECTURA!

O LIBRO FAVORITO DE ALEX:



O LIBRO FAVORITO DE MARA:








O LIBRO FAVORITO DE IVÁN:





O LIBRO FAVORITO DE ÁLVARO:




O LIBRO FAVORITO DE SANTI:




O LIBRO FAVORITO DE IRIS:




 O LIBRO FAVORITO DE CHRIS:




O LIBRO FAVORITO DE ANTÍA:




O LIBRO FAVORITO DE UXIO:



O LIBRO FAVORITO DE MINIA:




O LIBRO FAVORITO DE JULIA:


O LIBRO FAVORITO DE ENZO:




O LIBRO FAVORITO DE YAGO:






luns, 20 de abril de 2020

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Este xoves 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO!

É por isto que vos propoño esta actividade. 
Deberedes facer un pequeno traballiño sobre o voso libro favorito.

Déixovos un modelo de exemplo. NON É NECESARIO IMPRIMILO. Podedes coller un folio ou cartolina e facelo vós mesmos utilizando rotuladores para os títulos e dándolle o voso toque personal. Quedará moito máis orixinal!

A miña ficha é unha guía para que saibades que cousiñas non deben faltar na vosa recomendación literaria.

ÁNIMO, LECTORES!!!!!

QUE LIBROS ME RECOMENDADES?



Se queredes, podedes manderme fotiños dos traballos e subireinas para que os demais nenos e nenas da aula teñan ideas de libros para ler nesta corentena. Por favor, decídeme sempre nos e-mails que me enviades con fotografías se queredes que as suba ou non. 

Ademais, déixovos por aquí un vídeo para que poidades facer marcapáxinas de origami para os vosos libros. Quedan moi bonitos!


Tendes aquí tamén unha plantilla por se co vídeo non sodes capaces.

E, por último e non menos importante, déixovos este AGASALLO que atopei pola rede.
Trátase dunha páxina web na que podedes descargar unha morea de libros para ler nas vosas casas. Se tendes tablet é bastante cómodo. Probade!!! Están súper ben!
Tendes que darlle a este enlace que vos deixo, elixir os libros da vosa idade e teredes moitos para escoller e descargar.

PÁXINA PARA DESCARGAR LIBROS DE LECTURA


Lembrade: "PARA VIAXAR LONXE, NON HAI MELLOR NAVÍO CA UN LIBRO"






BONEQUIÑOS DE LÁ

A nosa compañeira Mara, fixo estes bonequiños de lá tan bonitos.

Como me pareceu unha tarefa entretida e bonita para estes tempos nos que temos que ficar na casa, déixovos aquí as instrucións que ela me dou de como facelo e un vídeo explicativo por se vos animades.

MATERIAIS NECESARIOS:

- 2 nobelos de lá.
- Catro círculos de cartón: dous máis grandes para o corpo, e dous máis pequenos para a cabeza.
- Gomaeva para facer as orellas 
- Contas de cores para os ollos e o nariz.

Apertas!





sábado, 18 de abril de 2020

FACEMOS IOGA

Ola rapaces e rapazas!

Hoxe déixovos un vídeo para que fagades ioga nas vosas casas!




venres, 17 de abril de 2020