venres, 24 de abril de 2020

SNAPPET


Boas tardes, familias!

Hoxe escríbovos para propoñervos unha nova maneira de traballar complementaria ás planificacións que se vaian propoñendo, coma sempre, no “blogue”.
Trátase da aplicación Snappet.

  • QUE É SNAPPET?:


É unha aplicación que xa utilizan moitas escolas durante todo o curso. Normalmente é de pago, mais nestes tempos de confinamento temos a oportunidade de traballar con ela de maneira gratuita. E debemos aproveitala.
É unha aplicación con contidos organizados da mesma maneira que as editorias que traballamos na escola e á que podedes acceder desde a vosa Tablet, ordenador ou teléfono móbil. Se podedes elixir, recomendo a Tablet posto que é xustamente para o que está pensado.

COMO O UTILIZAREMOS?

  • LUNS: 

Os luns, como sabededes, colgarei no blogue propostas de actividades dos libros de texto, fichas, propostas para os cadernos de raias e de pauta, vídeos, xogos… Tal e como se foi facendo estas semanas.


  • MÉRCORES:

E os mércores, subirei en SNAPPET bloques de actividades tanto de repaso (unidades xa dadas durante o primeiro e segundo trimestre) coma outros bloques de tarefas do que estemos a traballar xustamente nese momento. Traballaremos as áreas de Lengua, Lingua e Matemáticas. Enviarei actividades (leccións) tódolos mércores e estarán dispoñibles ata o mércores seguinte. Logo borraranse e aparecerán outras novas. Sempre de mércores a mércores polo que é importante que durante os 7 días fagades as tarefas, posto que despois eliminaranse.
Son actividades online moi intuitivas de facer, moi prácticas e que serven de reforzo e repaso dos contidos dos nosos libros dándolle un toque máis lúdico.


COMO ENTRAMOS?

Para entrar debedes escribir no navegador https://alumno.snappet.org/
A continuación escribides o voso usuario e contrasinal que volo mandarei estes días por ABALAR MÓBIL posto que cada un ten o seu (revisádeo e se non vos chega antes do mércores, mandádeme unha mensaxe).
Unha vez que entredes, veredes as diferentes asignaturas. Entrades na que queirades facer e comezades a facer as leccións que vos aparezan.

COMO FACER OS EXERCICIOS?

É importante comezar SEMPRE desde a actividade 1a e, desde esa, facer tódalas actividades seguidiñas, sen saltar dunha para outra. Deste xeito, estaremos comezando polos máis sinxelos e iremos subindo o nivel.
Unha vez que na pantalla vos digan que rematastes o EXERCICIO 2 veredes debaixo un cadro vermello co símbolo de sumar “SEGUIR PRACTICANDO”. Entrades niso, e aí a propia aplicación adapta os seguintes exercicios ao voso nivel. Isto é, se vos saíron moi ben os exercicios anteriores comúns a tódolos nenos, proporanse exercicios de máis nivel e se vos saíron peor, sairán actividades de repaso e reforzo.
Deste xeito, Snappet estase adaptando ao nivel de tódolos alumnos (ampliando ou reforzando).
Cando falledes algunha tarefa, non a fagades máis de dúas veces. Posto que, como acabo de explicar, finalmente haberá actividades adaptadas.
Lembrade que se trata dunha aplicación polo que, sobre todo nas áreas de Lengua e Lingua vai a ser meticuloso coa ortografía. Se escribimos con faltas non nos vai dar a resposta por ben.
Esta aplicación, permíteme a min ver en tempo real o que ides facendo e en que fallades. Aínda que, como sabedes, considero todas estas tarefas totalmente voluntarias.
Hai un apartado de actividades que se titulan “reforzo”. Non as fagades. Vós empezade sempre pola actividade 1a e cando acabedes o exercicio 2 dádeslle ao cadro vermello de “seguir practicando”. Sen máis.

RESUMO:

  1. -          Entramos na web de Snappet (desde Tablet, ordenador ou móbil. Recomendo a Tablet)
  2. -          Metemos usuario e contrasinal
  3. -          Entramos na asignatura que queremos traballar e en LECCIONES RECIBIDAS ou PLAN DE LECCIÓNS
  4. -          Entramos desde a actividade 1a e imos todo seguidiño (moi importante)
  5. -          Cando rematamos o EXERCICIO 2, dámoslle ao cadro vermello de “seguir practicando”
  6. -          Non facer o apartado “reforzo” (moi importante)

Déixovos un titorial en pdf.




Trátase de combinar o traballo escrito nos libros e nos cadernos de pauta e cadros coas tarefas online de Snappet. É voluntario, pero recomendo facelo. Paréceme unha ferramenta moi dinámica e coa que podemos repasar de maneira interactiva unha morea de contidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.