luns, 20 de abril de 2020

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Este xoves 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO!

É por isto que vos propoño esta actividade. 
Deberedes facer un pequeno traballiño sobre o voso libro favorito.

Déixovos un modelo de exemplo. NON É NECESARIO IMPRIMILO. Podedes coller un folio ou cartolina e facelo vós mesmos utilizando rotuladores para os títulos e dándolle o voso toque personal. Quedará moito máis orixinal!

A miña ficha é unha guía para que saibades que cousiñas non deben faltar na vosa recomendación literaria.

ÁNIMO, LECTORES!!!!!

QUE LIBROS ME RECOMENDADES?



Se queredes, podedes manderme fotiños dos traballos e subireinas para que os demais nenos e nenas da aula teñan ideas de libros para ler nesta corentena. Por favor, decídeme sempre nos e-mails que me enviades con fotografías se queredes que as suba ou non. 

Ademais, déixovos por aquí un vídeo para que poidades facer marcapáxinas de origami para os vosos libros. Quedan moi bonitos!


Tendes aquí tamén unha plantilla por se co vídeo non sodes capaces.

E, por último e non menos importante, déixovos este AGASALLO que atopei pola rede.
Trátase dunha páxina web na que podedes descargar unha morea de libros para ler nas vosas casas. Se tendes tablet é bastante cómodo. Probade!!! Están súper ben!
Tendes que darlle a este enlace que vos deixo, elixir os libros da vosa idade e teredes moitos para escoller e descargar.

PÁXINA PARA DESCARGAR LIBROS DE LECTURA


Lembrade: "PARA VIAXAR LONXE, NON HAI MELLOR NAVÍO CA UN LIBRO"






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.