Boas familias,
Déixovos as actividades propostas para a quincena do 14 ao 27 de abril. Custoume un pouco saber se son moitas ou poucas, posto que é moi difícil adaptarse ás condicíóns personais de cada fogar.
É por isto que, queda na vosa man adaptalas ás vosas circunstancias.
O que precise máis actividades, xa sabedes que a lectura e o cálculo deben ser os nosos melores amigos esta tempada.
VARIAS COUSAS IMPORTANTES:
1. Moitos de vós preguntástesme sobre a posibilidade de que vos envíen á casa os libros de texto. Non sabemos se se poderá xestionar. Calquera cousa, dígovola.
2. O Concello e o cole poñen á vosa disposición un servizo de impresión de fotocopias e envío das mesmas ás vosas casas. Entrade na páxina web do Concello de Negreira e xa vos explican como facer.
3.LIBROS LINGUA GALEGA E MATEMÁTICAS: Déixovos un USUARIO e un CONTRASINAL, para que poidades ver desde as vosas casas os libros de Santilla. Accededes a este enlace
http://aulavirtual.santillana.es/av3online/login
USUARIO: 15010575-0025-0001
CONTRASINAL: xfUTpG2z
Con estes datos, podedes ver o libro online. Seleccionades a unidade 9 en cada un deles.
4. LIBROS EDITORIAL ANAYA: déixovos un titorial sobre como acceder a eles nos documentos en pdf. Van aparecer libros que non son do noso curso. Non lle fagades caso. Vós entrade no de Lengua Castellana de 2º.
USUARIO: ceipcoto12
CONTRASINAL: ceipcoto12
O libro online é un apoio visual, mais coas tarefas que eu mando en pdf chegaría e sobraría.
Unha aperta a todos,
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.