Aínda que este ano semella que se pospón a celebración, propóñovos celebrar e conmemorar esta data tan sinalada para os galegos facendo a seguinte actividade voluntaria:
- Mandádeme, ANTES DO DOMINGO, unha foto vosa xunto cun cartel que teña escrita a PALABRA MÁIS BONITA DA LINGUA GALEGA baixo o voso punto de vista.
No correo debedes adxuntar a foto e dicirme "AUTORIZO QUE A SUBAS AO BLOG". O domingo colgarei tódalas fotiños que teña e formaremos un pequeno glosario ou dicionario coas palabras e termos máis fermosos da nosa lingua e da nosa fala.
Mira o vídeo para coller algunha idea:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.