PROXECTO DA SEMANA: Investigamos sobre RICARDO CARBALLO CALERO.
- Comeza vendo os vídeos e fotografías e facendo a actividade interactiva (iconas vermellas e amarela)
- Logo le os textos 1 e 2 e realiza as actividades no caderno. Se é demasiado traballo e se vos fai moito, lede os textos de Carballo Calero e, en lugar de facer as actividades no caderno, podedes facelas oralmente. Pero non deixedes de ler e reler os textos posto que estaremos a aprender moito sobre este autor e practicando a nosa lectura.
- Por último fai a manualidade da galiña e envíame unha foto.
Déixovos este xogo para facer cando rematedes de ler tódalas cousiñas sobre o autor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.