domingo, 3 de maio de 2020

PLANIFICACIÓN TRABALLO - DO 4 AO 11 DE MAIO

Déixovos a nova planificación semanal para traballar dende o 4 ata o 11 de maio. Son, coma sempre, tarefas voluntarias e podedes adapatalas á vosa situación. Tan só é unha proposta.

O mércores abrirei novas leccións en Snappet, pero non borrarei as anteriores. Así podedes ir facendo todo ao voso ritmo e sen agobios.

Déixovos tamén unha páxina interactiva Genially con todo sobre "A FESTA DOS MAIOS" posto que é o PROXECTO SEMANAL que vos encomendo.

Apertas!

 

TODO SOBRE OS MAIOS Vai pinchando nos diferentes números, vídeos e nas ventás de "proxecto" e "exemplos". As dúas lecturas que aparecen sobre os maios, debes lelas e responder as actividades no caderno de pauta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.