mércores, 20 de maio de 2020

NOVAS A TER EN CONTA

Bos días,

Escríbovos para informar de dúas cousiñas:

1. Hoxe comeza o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros. Déixovos a información nos pdf adxuntos. Para ir ao centro educativo debedes solicitar cita e ir nas datas indicadas (ver pdf).

2. Na páxina web do cole podedes ver as adaptacións das programacións para este tercer trimestre. Fágovos un resumo do máis importante no que ás áreas que eu imparto se refire.


ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS PARA O TERCER TRIMESTRE:

Procedemento para obter a calificación final de curso:

Para obter a calificacion de final de curso nas áreas que eu imparto farase o seguinte:

1. Media aritmética do primeiro e segundo trimestre.
2. As tarefas desenvolvidas durante o terceiro trimestre tan só contarán de maneira positiva subindo a nota, cando sexa posible, do alumnado. Nunca contarán de maneira negativa.
 3. Ao alumnado que durante este terceiro trimestre, amosase unha actitude de esforzo e interese ante as áreas, realizando as tarefas encomendadas na súa maioría e amosando respeto e perseverancia de cara aos contidos escolares, subiráselle a nota ata nun punto.

Enviareivos esta información tamén por Abalar Móbil. Podedes consultar todo isto na páxina web do CEIP O COTO. Ante as dúbidas que poidan xurdir sobre a solicitude do fondo solidario de libros, por favor, poñédevos en contacto coa secretaría do centro.

Grazas,


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.